AESPI

A Asociación Española de Pacientes con síndrome de piernas inquietas (AESPI) celebrou esta tarde unha xuntanza no noso centro, co obxectivo de acercar información ós pacientes é persoas interesadas sobre esta doenza.
Contou coa presenza do Dr. Diego García Borreguero, director do Instituto de Investigacións do Sono, de Madrid así como de representates da AESPI, [...]

Sindrome de Angelman, a marioneta feliz

A continuación traducimos e adaptamos un riguroso e accesible artigo sobre este trastorno:

O Síndrome de Angelman é unha enfermidade infrecuente, de orixe xenético, que ocasiona distintos trastornos na conducta, no desenvolvemento e na aprendizaxe. Se ben ainda non existe unha cura, hay tratamentos que permiten controlar ou atenuar algúns dos seus síntomas.

Marionetas felices (happy [...]

Premios á compensación de desigualdades en educación

Convocanse premios de caracter estatal para proxectos que traten de compensar as desigualdades (factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole…). Búscanse accións educativas destinadas a compensar as desigualdades no alumnado que evidencien bós resultados e consigan, mediante a mellora continua dos seus procesos, facilitar unha educación de calidade para todos e entre todos.

Fuzz e a casa: Xogos de patróns acústicos

Sinformed ofrecenos dous magníficos xogos para a práctica de patróns acústicos. Foron pensados para nenos e nenas hipoacúsicos pero poden ser utilizados en estimulación temperá, entre outros aspectos da Audición e Linguaxe. Están realizados en flash e permiten a súa execución en liña. Tamén se poden descargar para xogar sen estar conectado [...]

Programas de Garantía Social para o curso 2007-2008

Onte (19 de marzo) saíu publicada no DOG a Resolución do 21 de febrero de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se regula o desenvolvemento dos Programas de Garantía Social en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galica para o curso 2007-2008 (PGS 2007-2008). Esta resolución non introduce [...]

Benvidos

Benvidos a este novo espazo de información, reflexión e debate que, dende o CEE Rexional de Xordos, queremos compartir. Esperamos contar coas vosas aportacións, inquedanzas, e, por suposto, comentarios.