Formación

O CEE Manuel López Navalón foi creado en 1864 e, tras pasar por diversas etapas, é na actualidade un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (Xunta de Galicia).

Formación Básica



aula2



Este centro oferta Formación Básica dacordo co disposto no artígo 14 do Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais…

1. Con carácter xeral, as ensinanzas nos centros de educación especial contemplarán unha educación básica obrigatoria, conformada por unha formación básica e unha formación profesional complementaria que lles permita ós alumnos integrarse na vida activa e a súa transición á vida adulta.

2. A duración da escolarización dos alumnos con necesidades educativas especiais na educación básica obrigatoria que se imparta nos centros de educación especial aterase ás idades establecidas pola lei con carácter xeral para o ensino básico.

3. A formación básica terá unha duración mínima de dez anos e tenderá ó desenvolvemento das capacidades establecidas nos obxectivos xerais dos currículos da educación infantil e da educación primaria, podendo dar cabida ó desenvolvemento de capacidades doutras etapas, de acordo coas necesidades dos alumnos e alumnas.

Debido ó perfil dos profesionais que imparten formación neste centro, tan só contamos co primeiro ciclo da ESO, cun máximo de cinco alumnos por aula.

Formación Profesional

A oferta educativa para este nivel consiste en

* Formación profesional complementaria.
* Programas de Cualificación Profesional Inicial.

Formación profesional complementaria.

Dacordo co disposto no artígo 14 do Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais…

4. A formación profesional complementaria terá unha duración mínima de dous anos, o seu referente serán aquelas capacidades establecidas nos obxectivos educativos que tendan á adquisición e ó desenvolvemento de aprendizaxes relacionadas coa inserción laboral e coa transición á vida adulta..

Programas de Cualificación Profesional Inicial



carpinteria



Impartense en dúas modalidades distintas

Modalidad A; (formación teórica e práctica no centro) na que se atopan os siguientes programas:

  1. Carpintaría.
  2. Servizos de Restauración.
  3. Costura.
  4. Cerámica.
  5. Producións Agrícolas

Modalidad C-mixta; (formación teórica luns e venres no centro, formación práctica martes, mércores e xoves na empresa) que abarca todos os perfís autorizados sempre que o centro conte con empresas do sector correspondente para ofertar tanto os módulos específicos como a FCT (dous grupos multiperfil).