Tras un parón importante na actividade deste taboleiro de anuncios, debido a causas alleas á vontade do centro, expoñemos un resumo das actividades previstas a data de hoxe para este terceiro trimestre, así como as datas máis relevantes en canto a prazos públicos que nos afectan.
- Día 11 de Abril- Visita ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.
Actividade prevista para todos os alumnos e alumnas do centro en dúas quendas. Percorrido guiado polas cubertas da Catedral e apoiado por intérprete de LSE para o alumnado xordo.
- Día 18 de Abril- Pisar a raia./ Actuación de Maxia
Ás 10:00 horas no Teatro Principal de Santiago, os alumnos e alumnas que recibiron os obradoidos de Sexualidade e Prevención da Drogadición da UMAD, asistirán a esta obra de teatro que pretende sintetizar os mesmos dende o formato audiovisual.
Ás 12:30 horas Actuación de Maxia no CEE Rexional de Xordos.
- Días 21 a 30 de Abril- Prazo de Matricula no Exame de Acceso a Ciclo Medio
- Días 6 a 8 de Maio- Prazo de Entrega de Documentación Complemetaria á Matrícula no Exame de Acceso a Ciclo Medio.
-
Día 9 de Maio- Obradoiro de Banda Deseñada
O xenial Kiko da Silva impartirá un Obradoiro de BD no noso centro en dúas quendas (09:30 a 11:30 e 12:00 a 14:00) supoñendo unha achega aos diferentes estilos de BD e ao debuxo de personaxes e creación de historias.
-
Día 12 de Maio- Prácticas en Empresa Modalidade A
Dan comenzo as prácticas en empresa para o alumnado de modalidade A proposto polo equipo docente. O alumnado que non realiza prácticas asistirá a clase ordinaria durante este periodo.
- Día 30 de Maio- Rematan a actividade lectiva en PGS/ Planetario
O alumnado de Modalidade B remata nesta data tanto as prácticas en empresa como a actividade lectiva no centro. O alumnado de Modalidade A que non foi asignado a prácticas en empresa remata tamén nesta data clase ordinaria e obradoiro.
O Planetario portatil visitará o noso centro para facer un percorrido por universo.
-
Día 4 de Xuño- Preparación do exame de acceso a Ciclo Medio
Este día o alumnado en prácticas queda dispensado da obriga de asistir ao traballo para poder preparar o exame de acceso a Ciclo Medio.
- Día 5 de Xuño- Proba de Acceso a Ciclo Medio
Ás 9.00 horas: presentación.
Das 10.00 ás 12.00 horas: parte sociocultural.
Das 12.30 ás 14.30 horas: parte científico-tecnolóxica.
Lugar por determinar. - Día 13 de Xuño- Rematan as Prácticas de Modalidade A
O alumnado debe entregar aos seus titores os diarios de Prácticas ben o mesmo 13 de xuño ou o luns 16 para que estes poidan cursar as dilixencias pertinentes.
- Día 20 de Xuño- Fin de Clases e entrega de notas.
Remata a actividade lectiva en Formación Básica, a prestación de servizos complementarios (autobús, comedor e internado) e entregase tanto as notas como documentación varia a todo o alumnado do centro: Formación Básica e PGS (Modalidades A e B).
