Ó longo dos días 02/04/2007 – 30/04/2007, levouse acabo unha exposición acerca das actividades do noso colexio no Centro Comarcal de Ordes .
A exposición consistiu nunha serie de paneis informativos e mostras dos traballos dos alumnos/as. Nos paneis percorréronse os fitos máis destacados da historia do noso centro, a oferta educativa actual e as distintas modalidades nas que se imparte a formación. O obxectivo desta mostra foi dar a coñecer a nosa labor no entorno próximo, xa que a nosa actividade pretende establecer un marco de actuación cos axentes sociais das nosas comarcas circundantes, polo que e fundamental darse a ver na comunidade, máis aló do entorno académico.
