A lei de Instrucción Pública de 1857, recomendaba a creación de Colexios de xordomudos e de cegos de distrito universitario, sostidos polas provincias respectivas, instándo ós Rectores, que procurasen levar a efecto dito desexo ministerial.
O Rectorado de Santiago, xuntamente cas Deputacións galegas, confeccionou unhas bases para a creación dunha institución de tal carácter, na capital do distrito Universitario, que foron aprobadas por R.O. do Ministerio de Instrucción Pública do 22 de novembro de 1862. Posteriormente, redactouse o correspondiente Reglamento, tamén aprobado por dito Ministerio, por R.O. do 25 de setembro de 1863.
Ó amparo de dita lexislación, inaugurouse o Colexio o 1 de xuño de 1864 baixo o patrocinio da Universidade de Santiago, e inanciado polas catro deputacións galegas, sendo Rector o Excmo. Sr. D. Juan Viñas.
Durante a primeira década do século XX, as peticións por parte do profesorado para a pronta construcción do novo edificio fanse cada vez máis urxentes. De novo foi Montero Ríos quen axiliza os trámites para a obtención duns terreos, que finalmente cede o Concello de Santiago, para que o Estado edifique un novo Colexio Rexional para Xordomudos e Cegos na cidade compostelá.
A partir da segunda década do século XX, comenzaron as obras, e ainda que hai quén sostén que o colexio quedou rematado no 1919, as obras rematáronse en 1925, baixo a dirección do arquitecto D. Ricardo Velázquez Bosco, sendo Minisro do goberno o
Exmo. Sr. D. Eugenio Montero Ríos.
No ano 1959, ó inaugurar a O.N.C.E. o colexio de cegos en Pontevedra, o colexio de San Caietano queda só como Colexio Rexional de Xordos, sendo o seu director D. Julio Mirelis Malvar.
En 1985, a Xunta de Galicia decide albergar a sé das súas consellerías neste complexo arquitectónico, e trasladan o Colexio ó antigo convento dos Pais Combonianos en San Paio do Monte, sendo a súa ubicación na actualidade.
O día 1 de marzo de 1996, o Colexio pasa a ser de titularidade pública da Xunta de Galicia como consecuencia das transferencias iniciadas progresivamente durante tres anos entre a Consellería de Educación e o patronato formado polas diputacións galegas do cal era presidente o Excmo. Sr. Rector da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha característica a suliñar, é que é o único Colexio Rexional de Xordos en toda España que funciona ininterrumpidamnte dende 1864 ata hoxe.
No ano 2009 o CEE Rexional de Xordos cambia o seu nome polo de CEE Manuel López Navalón, primeiro director do centro dende 1857 ata 1902, para responder á realidade actual do mesmo.
Na actualidade, o C.E.E. Manuel López Navalón adícase:
- Á educación de alumnos xordos e oíntes con multideficiencias nos niveis de educación infantil, educación primaria e 1º ciclo de educación secundaria.
- Á educación de alumnos xordos e ointes en diferentes Programas de Cualificación Profesional Inicial.
- Á atención no “Centro de Recursos” (alumnos procedentes de centros públicos e concertados da bisbarra de Santiago de Compostela, con problemas de audición e/ou linguaxe que son atendidos a tempo parcial).
