Novo aspecto e novas funcionalidades

Últimamente estivemos inmersos nun proceso de reconversión do blog do centro. Por unha lado, está a cuestión de aspecto: cambiamos o tema que víñamos utilizando por un máis fresco; por outro os contidos: acabamos de engadir todos os formularios na Secretaría Virtual e engadir unha nova páxina cos documentos do noso proxecto de centro (sodes libres de inspirarvos nel como nos o fixemos noutros), e finalmente as funcionalidades incorporando unha sección na columna esquerda: “Convén saber..”.
Esta sección incorporará os post lídos en diferentes sitios e que comparto no Google Reader. Trátase normalmente de noticias tecnolóxicas (hardware e software) non necesariamente educativas, pero que poden sernos de utilidade, particularmente na Educación Especial, onde temos que ser tamén, e ademáis de moitas outras cousas, un pouco enxeñeiros. Amósanse os tres últimos posts compartidos pero facendo clic en “Ver todos os items compartidos” accederedes á páxina de elementos compartidos desta servidora (directora, coordinadora TIC e nin se sabe que máis ;) )

Deixa unha resposta

 

 

 

Podes empregar estas etiquetas HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>