Tablero de Comunicación SAAC

Hoy hemos presentado en Tecnoneet el tablero que estamos desarrollando conjuntamente con las Universidades de Santiago y Vigo y financiado por la Cátedra de la Infancia.

Lamentablemente no tenemos disponible todavía la web del proyecto y en la que, además de toda la información pertinente, será posible acceder al tablero y su gestor poniendolo a disposición de todas aquellas personas interesadas.

En breve enlazaremos a este blog la web y toda la información que pueda ser de interés.

Cualquier persona interesada en el proyecto puede hacernoslo saber en los comentarios para que nos pongamos directamente en contacto con ella y mantenerla informada.

O CEE Rexional de Xordos en Eduga

A Revista Galega do Ensino, adica este seu número 52 á Equidade no ensino. Dentro deste número adícase un espacio de reflexión á traxectoria do noso centro. Honranos a posibilidade de amosar á comunidade educativa o noso traballo que ten como único obxectivo traballar dende a igualdade da diferencia.

Revista Galega do Ensino. Equidade no Ensino. Nº 52

Actividades previstas para o terceiro trimestre

Tras un parón importante na actividade deste taboleiro de anuncios, debido a causas alleas á vontade do centro, expoñemos un resumo das actividades previstas a data de hoxe para este terceiro trimestre, así como as datas máis relevantes en canto a prazos públicos que nos afectan.

  • Día 11 de Abril- Visita ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.

    Actividade prevista para todos os alumnos e alumnas do centro en dúas quendas. Percorrido guiado polas cubertas da Catedral e apoiado por intérprete de LSE para o alumnado xordo.

  • Día 18 de Abril- Pisar a raia./ Actuación de Maxia

    Ás 10:00 horas no Teatro Principal de Santiago, os alumnos e alumnas que recibiron os obradoidos de Sexualidade e Prevención da Drogadición da UMAD, asistirán a esta obra de teatro que pretende sintetizar os mesmos dende o formato audiovisual.

    Ás 12:30 horas Actuación de Maxia no CEE Rexional de Xordos.

  • Días 21 a 30 de Abril- Prazo de Matricula no Exame de Acceso a Ciclo Medio
  • Días 6 a 8 de Maio- Prazo de Entrega de Documentación Complemetaria á Matrícula no Exame de Acceso a Ciclo Medio.
  • Día 9 de Maio- Obradoiro de Banda Deseñada

    O xenial Kiko da Silva impartirá un Obradoiro de BD no noso centro en dúas quendas (09:30 a 11:30 e 12:00 a 14:00) supoñendo unha achega aos diferentes estilos de BD e ao debuxo de personaxes e creación de historias.

  • Día 12 de Maio- Prácticas en Empresa Modalidade A

    Dan comenzo as prácticas en empresa para o alumnado de modalidade A proposto polo equipo docente. O alumnado que non realiza prácticas asistirá a clase ordinaria durante este periodo.

  • Día 30 de Maio- Rematan a actividade lectiva en PGS/ Planetario

    O alumnado de Modalidade B remata nesta data tanto as prácticas en empresa como a actividade lectiva no centro. O alumnado de Modalidade A que non foi asignado a prácticas en empresa remata tamén nesta data clase ordinaria e obradoiro.

    O Planetario portatil visitará o noso centro para facer un percorrido por universo.

  • Día 4 de Xuño- Preparación do exame de acceso a Ciclo Medio

    Este día o alumnado en prácticas queda dispensado da obriga de asistir ao traballo para poder preparar o exame de acceso a Ciclo Medio.

  • Día 5 de Xuño- Proba de Acceso a Ciclo Medio

    Ás 9.00 horas: presentación.
    Das 10.00 ás 12.00 horas: parte sociocultural.
    Das 12.30 ás 14.30 horas: parte científico-tecnolóxica.
    Lugar por determinar.

  • Día 13 de Xuño- Rematan as Prácticas de Modalidade A

    O alumnado debe entregar aos seus titores os diarios de Prácticas ben o mesmo 13 de xuño ou o luns 16 para que estes poidan cursar as dilixencias pertinentes.

  • Día 20 de Xuño- Fin de Clases e entrega de notas.

    Remata a actividade lectiva en Formación Básica, a prestación de servizos complementarios (autobús, comedor e internado) e entregase tanto as notas como documentación varia a todo o alumnado do centro: Formación Básica e PGS (Modalidades A e B).

Reestructuración e datos de interese de cara ao curso 2007-2008

Debido á reestructuración dos PGS o horario lectivo para o alumnado destas ensinanzas pasa a ser o seguinte:

De Luns a Venres de 09:00 a 14:30

O autobús escolar partirá da Estación de Autobuses no seu percorrido habitual ás 08:30 horas e do centro ás 15:00 horas (tras o servizo de comedor).

O servizo de comedor está dispoñible para todo o alumnado de PGS do centro, sendo gratuíto para aqueles con NEE. O alumnado que non conte co servizo gratuíto deberá aboar o custo diario establecido en 2,22€ na forma e prazo determinado polo centro (consultar Secretaría Virtual para dispoñer dos modelos de solicitude, en breve). O alumnado de Modalidade B, dado que só asiste ao centro Luns e Venres, poderá restrinxir o uso do comedor a eses días.

Lamentamos os inconvintes que esta reestructuración, allea á vontade do centro, poida ocasionar.

Violencia: Tolerancia Cero

O luns 22 de outubro o alumnado deste centro acudirá á exposición itinerante Violencia: Tolerancia Cero, organizada pola Fundación “laCaixa” (Obra Social), en dous grupos (16:00 e 17:00 h), no marco das súas visitas guiadas. Os profesionais que nos atenderán farán un percorrido que pretende mover ao alumnado á reflexión nun tema de candente actualidade no que todos temos algo que aportar.

Actualización: Esta visita, debido á restructuración de horario, terá lugar o día 26 de Outubro, en dos grupos (10:30 e 11:30).

Curso de Manipulador de Alimentos

Dirixido ao alumnado dos PGS:

  1. Mod. A: Servicios Auxiliares de Restaurante e Bar
  2. Mod. B: Auxiliar de Cociña
  3. Mod. B: Auxiliar de Axuda no domicilio e residencias asistidas

terá lugar o 25 e 26 de setembro de 09:30 a 11:30 horas. Esta formación complementaria e gratuíta para os alumnos e alumnas, forma parte do compromiso deste centro coa Seguridade e Hixiene; así como cunha atención de calidade ao alumnado que potencie as súas posibilidades de integración laboral. Asimesmo, supón unha garantía para as empresas que participan connosco nos Módulos de Prácticas.

Comenza o curso 07-08

O CEE Rexional de Xordos comenzou xa a súa andadura neste curso 2007-2008. Por diversos problemas técnicos non foi posible ata o momento poñer á disposición da comunidade educativa toda a información neste medio. Nembargantes a partir de agora esperamos que este espacio funcione como taboleiro de anuncios dixital.

Solicitude de preinscripción nos PGS

Xa está dispoñible na sección de Secretaría Virtual unha versión en pdf do formulario de preinscripción nos Programas de Garantía Social. Se desexan utilizar este impreso, lembren facer unha fotocopia do mesmo unha vez cuberto, para así poder conservar unha copia selada polo centro.
O prazo de preinscripción abrangue do 1 ó 31 de Xullo

Exposición no Centro Comarcal de Ordes

Ó longo dos días 02/04/2007 – 30/04/2007, levouse acabo unha exposición acerca das actividades do noso colexio no Centro Comarcal de Ordes .
A exposición consistiu nunha serie de paneis informativos e mostras dos traballos dos alumnos/as. Nos paneis percorréronse os fitos máis destacados da historia do noso centro, a oferta educativa actual e as distintas modalidades nas que se imparte a formación. O obxectivo desta mostra foi dar a coñecer a nosa labor no entorno próximo, xa que a nosa actividade pretende establecer un marco de actuación cos axentes sociais das nosas comarcas circundantes, polo que e fundamental darse a ver na comunidade, máis aló do entorno académico.



1.JPG 2.JPG 3.JPG 4.JPG 5.JPG 6.JPG 7.JPG 8.JPG


Sección Secretaría Virtual

Xa está dispoñible a sección Secretaría Virtual na barra superior. Ahí atoparedes tódolos documentos e formularios que poidan ser de interese na relación burocrática co noso centro, para a súa descarga en PDF.
Xa é posible acceder aos formularios e normativa do CRE. Esperamos facilitarvos en breve as follas de preinscripción en PGS ainda que o plazo comenza en Xullo, especialmente para os orientadores dos centros que queiran facilitarllelos aos alumnos.