Curso de Manipulador de Alimentos

Dirixido ao alumnado dos PGS:

  1. Mod. A: Servicios Auxiliares de Restaurante e Bar
  2. Mod. B: Auxiliar de Cociña
  3. Mod. B: Auxiliar de Axuda no domicilio e residencias asistidas

terá lugar o 25 e 26 de setembro de 09:30 a 11:30 horas. Esta formación complementaria e gratuíta para os alumnos e alumnas, forma parte do compromiso deste centro coa Seguridade e Hixiene; así como cunha atención de calidade ao alumnado que potencie as súas posibilidades de integración laboral. Asimesmo, supón unha garantía para as empresas que participan connosco nos Módulos de Prácticas.

Comenza o curso 07-08

O CEE Rexional de Xordos comenzou xa a súa andadura neste curso 2007-2008. Por diversos problemas técnicos non foi posible ata o momento poñer á disposición da comunidade educativa toda a información neste medio. Nembargantes a partir de agora esperamos que este espacio funcione como taboleiro de anuncios dixital.

Solicitude de preinscripción nos PGS

Xa está dispoñible na sección de Secretaría Virtual unha versión en pdf do formulario de preinscripción nos Programas de Garantía Social. Se desexan utilizar este impreso, lembren facer unha fotocopia do mesmo unha vez cuberto, para así poder conservar unha copia selada polo centro.
O prazo de preinscripción abrangue do 1 ó 31 de Xullo

Exposición no Centro Comarcal de Ordes

Ó longo dos días 02/04/2007 – 30/04/2007, levouse acabo unha exposición acerca das actividades do noso colexio no Centro Comarcal de Ordes .
A exposición consistiu nunha serie de paneis informativos e mostras dos traballos dos alumnos/as. Nos paneis percorréronse os fitos máis destacados da historia do noso centro, a oferta educativa actual e as distintas modalidades nas que se imparte a formación. O obxectivo desta mostra foi dar a coñecer a nosa labor no entorno próximo, xa que a nosa actividade pretende establecer un marco de actuación cos axentes sociais das nosas comarcas circundantes, polo que e fundamental darse a ver na comunidade, máis aló do entorno académico.



1.JPG 2.JPG 3.JPG 4.JPG 5.JPG 6.JPG 7.JPG 8.JPG


Sección Secretaría Virtual

Xa está dispoñible a sección Secretaría Virtual na barra superior. Ahí atoparedes tódolos documentos e formularios que poidan ser de interese na relación burocrática co noso centro, para a súa descarga en PDF.
Xa é posible acceder aos formularios e normativa do CRE. Esperamos facilitarvos en breve as follas de preinscripción en PGS ainda que o plazo comenza en Xullo, especialmente para os orientadores dos centros que queiran facilitarllelos aos alumnos.

Acceso a Ciclos Formativos 2007-2008

Nesta páxina tendes á vosa disposición toda a información necesaria sobre a convocatoria de probas para acceso a Ciclos Formativos para o Curso 2007-2008. A convocatoria, unha folla informativa cos datos máis relevantes, probas de anos anteriores coas claves de corrección

AESPI

A Asociación Española de Pacientes con síndrome de piernas inquietas (AESPI) celebrou esta tarde unha xuntanza no noso centro, co obxectivo de acercar información ós pacientes é persoas interesadas sobre esta doenza.
Contou coa presenza do Dr. Diego García Borreguero, director do Instituto de Investigacións do Sono, de Madrid así como de representates da AESPI, e de diversos médicos especializados en trastornos do sono. Medio centenar de persoas, algunhas das cales estaban á procura dun diagnóstico concreto e efectivo, tras pasar por diversos diagnósticos parciais.
É un trastorno neurolóxico do movemento caracterízado pola necesidade irresistible de mover as pernas e por sensacions desagradables e molestas nas extremidades inferiores, xeralmente moi molestas, e que algúns doentes describen como dolorosas.
Para máis información sobre esta Asociación ou a sindrome podese visitar a súa web: AESPI

Sindrome de Angelman, a marioneta feliz

A continuación traducimos e adaptamos un riguroso e accesible artigo sobre este trastorno:

O Síndrome de Angelman é unha enfermidade infrecuente, de orixe xenético, que ocasiona distintos trastornos na conducta, no desenvolvemento e na aprendizaxe. Se ben ainda non existe unha cura, hay tratamentos que permiten controlar ou atenuar algúns dos seus síntomas.

Marionetas felices (happy puppets) foi o apodo que o médico inglés Harry Angelman adoptóu en 1965 ó describir a tres pacientes que compartían douas características: un andar ríxido e unha risa excesiva. Sucede que, da variedade de sentimentos que experimentan os que padecen esta síndrome que logo tomaría o apelido de Angelman, a risa é a máis frecuente.

A maioría das reaccións destos pacientes ante diferentes estímulos vese acompañada dunha risa parecida a unha mueca facial; as conductas e os xestos de alegría son comunes, incluso algúns nenos poden presentar estouridos de risa.

Se ben actualmente non existe unha cura para a Sindrome de Angelman, moitos dos seus síntomas -como as convulsións ou a hiperactividade- poden ser tratados con medicación ou terapias psicomotrices, por exemplo.

Si bien actualmente no existe una cura para el síndrome de Angelman, muchos de sus síntomas -como la epilepsia o la hiperactividad- pueden ser tratados con medicación o terapias psicomotrices, por ejemplo.

Síntomas característicos

Segundo un informe destinado aos familiares destos pacientes e redactado pola Fundación Nacional do Síndrome de Angelman dos Estados Unidos, esta enfermidade maniféstase principalmente a través dos seguintes síntomas:

Convulsións: Sinálanse en máis do 90 % dos casos. Unha porcentaxe significativa presenta convulsións sutís, pero suficientes como para lograr a desconexión do neno co seu medio.


Ausencia del lenguaje:
Se ben algúns destes nenos parecen ter bastante comprensión como para desenvolver a linguaxe, incluso nos de menor retardo, este non chega a desenvolverse. Unha soa palabra como “mama” pode tardar ó redor de 10 a 18 meses en pronunciarse, para logo ser usada de forma infrecuente, indiscriminada e carente de significado simbólico. Ós tres anos os nenos con mellor nivel de aprendizaxe poden comenzar a aprender certo linguaxe non verbal: alguns apuntan a partes do corpo e indican algunhas das súas necesidade a través de xestos simples.

Problemas motóricos:
Durante os primeiros anos de vida teñen sido reportados movementos hiperquinéticos do tronco e das extremidades, e movementos nervisos ou temblores que poden estar presentes nos primeiros 6 meses. Los movimientos voluntarios son a veces irregulares, variando de sacudidas lixeiras a movementos toscos non coordinados que se producen camiñando, comendo e alcanzando obxectos. Os nenos máis severamente afectados poden estar moi ríxidos e sumamente inseguros, e accidentarse ó camiñar.

Retraso mental: Se ben o retraso mental é bastante común, a diferencia doutros cadros de retardo mental severo, os xovenes adultos con Síndrome de Angelman adáptanse socialmente e responden á maioría das señales persoais e interaccións. Manifestan un interés polas persoas, poden establecer amizade e comunicar un amplo repertorio de sentimentos, enriquecendo a súa relación con familiares e amigos. Poden participar en actividades de grupo, quehaceres hogareños e responsabilidades cotiás.

Hiperactividad: É bastante frecuente e descríbese como hipermotricidad cun baixo tempo de atención. Tanto os nenos como os maiores poden ter unha actividade aparentemente incesante, gardando constantemente as mans e os xoguetes na boca, movéndose dun sitio a outro, aleteo ou golpeteo coas mans, etc. Conductas como agarrar, beliscar ou morder a outros nenos poden acentuarse pola actividade hipermotórica.

Diagnóstico xenético

Os xenes que causan a Síndrome de Angelman todavía non teñen sido identificados, ainda que a maioría dos autores sinalan fallos no cromosoma 15 (deleccións e ausencia de copias).
Existen estudios cromosómicos que son utilizados para confirmar o diagnóstico clínico, pero non teñen un 100% de efectividade.

Premios á compensación de desigualdades en educación

Convocanse premios de caracter estatal para proxectos que traten de compensar as desigualdades (factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole…). Búscanse accións educativas destinadas a compensar as desigualdades no alumnado que evidencien bós resultados e consigan, mediante a mellora continua dos seus procesos, facilitar unha educación de calidade para todos e entre todos.

Fuzz e a casa: Xogos de patróns acústicos

Sinformed ofrecenos dous magníficos xogos para a práctica de patróns acústicos. Foron pensados para nenos e nenas hipoacúsicos pero poden ser utilizados en estimulación temperá, entre outros aspectos da Audición e Linguaxe. Están realizados en flash e permiten a súa execución en liña. Tamén se poden descargar para xogar sen estar conectado á rede. A páxina non permite un enlace directo ós xogos, pero aparecen sinalados na páxina principal, na columna Sección Pacientes.

cuarto Casa Cocina