Programas de Garantía Social para o curso 2007-2008

Onte (19 de marzo) saíu publicada no DOG a Resolución do 21 de febrero de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se regula o desenvolvemento dos Programas de Garantía Social en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galica para o curso 2007-2008 (PGS 2007-2008). Esta resolución non introduce reformas con respecto ás publicadas en anos anteriores, así que haberá que seguir agardando a unha nova lexislación de PGS adaptada á LOE, que, de momento, parece que non afectará ao vindeiro curso.

O noso centro solicita a ampliación da súa oferta como segue:

  1. Modalidade A (FEP): Operario de cultivos hortícolas GF01002
  2. Modalidade B (PIP): Operario de viveiros e xardíns GF01B04

Deixa unha resposta

 

 

 

Podes empregar estas etiquetas HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>