Recursos e descargas

Aquí poderedes atopar diferentes recursos, algúns dos cales foron desenvolvidos polo propio centro a título individual ou en colaboración con diferentes institucións.

TICTAC Taboleiro de Conceptos

Realizado co patrocinio da Cátedra da Infancia polo CEE Manuel López Navalón e as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, este taboleiro de conceptos é un plantilla para encher coas imaxes e audios que precisedes en función de cada usuario. Entre as súas funcionalidades máis destacadas atópanse:

  • As imaxes, os audios e os textos son libremente elexidos e personalizados.
  • Dispoñibles opcións de galego e castelán
  • Modo Supervivencia: pode elexirse idioma predeterminado galego e castelán, emite oracións completas con seleccións simples.
  • Zona de accesos frecuentes: accesos rápidos que se reconfiguran en función do uso que o usuario da, poñendo ao seu alcance os conceptos máis demandados.
  • Personalización do sentido de desplazamento e do tempo de espera
  • Mensaxes de ánimo e recordatorio para fomentar a comunicación
  • Recurso para programas de control de esfínteres
  • Rexistro de uso para control da efectividade e para toma de decisións logopédicas
  • Etc

Para a configuración do taboleiro (Xestor) é preciso contar cun Windows Vista, pero unha vez xerado o taboleiro (Taboleiro) pode executarse en Windows XP.
Unha vez creado o primeiro taboleiro este pode apreveitarse en todo ou en parte para outros usuarios, polo que o tempo requerido na súa configuración redúcese drásticamente.
O manual de usuario é moi sinxelo e permite a configuración a partir de cero. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto co CEE Manuel López Navalón (Atto. Fátima García).

TICTAC Taboleiro de Conceptos: parte1parte 2.
Manual do Taboleiro de Conceptos TICTAC

Breve presentación do proxecto:

TICTAC Teclado Virtual

Realizado polo CEE Manuel López Navalón e as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, este teclado virtual funciona como unha aplicación web que permite escribir mediante o escaneado automático sobre un taboleiro. Pode configurarse para galego, castelán e inglés; así como elexirse a velocidade de escaneado (de moi lento a moi rápido en función da habilidade). Os caracteres están organizados en categorías e ordenados nestas por frecuencia de ocurrencia no idioma seleccionado.
Unha vez que se selecciona fin, o texto escrito pasa a un rexistro no portapapeles do ordenador. Se queremos que ademáis se reproduza oralmente podemos usar “Lectura de Textos”
Aquí ten á súa disposición as instruccións para instalar o servidor web que xestiona a aplicación, así como a aplicación en sí mesma:



Creative Commons License
TICTAC Tableros de Comunicación Aumentativa by TICTAC Tableros de Comunicación Aumentativa is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
Based on a work at www.ceenavalon.org.