Servizos

Comedor Escolar



comedor



O alumnado de Formación Básica conta con comedor gratuíto. O alumnado de PCPI que non é usuario do intenado pode facer uso do mesmo mediante o pago dunha cuota reducida fixada anualmente polo Consello Escolar. A contía da devandita cuota para o presente curso é de 3€.

Establecese un menú escolar cunha periodicidade de cinco semanas. Este menú foi elaborado por un médico nutricionista e calculados os aportes de ferro, calcio, colesterol, etc. por ración.

Internado

dormitorio1 dormitorio2



Na actualidade contamos con 32 plazas dispoñibles, 16 para nenos e 16 para nenas. Este servico é totalmente gratuíto para tódolos seus usuarios.

Ademáis contamos cunha sala de televisión e xogos para o esparcimento nas horas non lectivas e libres de actividades extraescolares.

Para acceder á modalidade de internado é necesario contar co ditame de escolarización pertinente así como con autorización da inspeción educativa cando non se cumpran as condicións establecidas con carácter xeral para os centros de educación especial.

Actividades Extraescolares e Complementarias.



concerto



Este centro prioriza a realización de actividades extraescolares e complementarias como medio de implicación nas diferentes actividades do contorno.

Mención especial merecen as actividades realizadas en horario de internado. Procurase a realización dunha ou dúas actividades semanais fora do recinto do centro para favorecer un achegamento ó contorno e romper a monotonía. Búscanse actividades integradoras e tendentes á boa convivencia, á profundización nos contidos transversais do currículo e a socialización. Foméntase tamén o hábito de estudio e a animación á lectura mediante o establecemento de tempos de estudo extraescolares.