Este dispositivo diferenciase dos altofalantes tradicionais en que transmite a vibración directamente á superficie sobre a que descansa o imán. Deste xeito, igual que un diapasón, utiliza as superficies como resonadores producindo son.
Sen dúbida a aplicación máis interesante reside precisamente na súa capacidade para transmitir vibración. Situado sobre ósos que produzan boa resonancia (o esterno, diversas partes do cranio, o pulso…) podemos oír por vía ósea (coidado co volume do dispositivo). En persoas xordas pero que manteñan unha boa audición por vía ósea as posibilidades de traballo son impresionantes. En persoas que tampouco dispoñan dunha boa audición por esta vía, o Sonar pode adaptarse para ser utilizado como dispositivo vibrotactil e facilitar a aprendizaxe no
discenimento de vibracións.
Tendes unha reportaxe completa no número 1 de Olladas. Aquí podedes ver unha mostra do seu funcionamento, vendo como a calidade do son mellora cando se apoia sobre unha boa superficie resonadora como é unha mesa baleira. Tamén se pode apreciar o efecto visual da vibración causante do son cando poñemos o Sonar sobre a pel dun tambor cuberto de limaduras de ferro.
Sonar Speaker en acción
Cargado por CEEMLN. – Vídeos sociales y ecológicos.
